María Luz Morales 1934
25/07/2016

Lingua materna

2 min
Lingua materna

Peces Històriques Triades Per Josep Maria Casasús[...]

Inscriu-te a la newsletter Pensem Les opinions que et fan pensar, t’agradin o no
Inscriu-t’hi

Odereito do neno a recibir o primeiro ensino na lingua materna. A unha beira toda consideración de orde político, a violación d’ese dereito constituirá un crime del lesa pedagoxía que non quererá cometer ningún escolante. Na aldea, na vila ou no barrio cidadán obreiro alí onde o escolante vaia a exercer o seu apostolado buscará ante todo chegar as almiñas que lle foron confiadas, gañar a súa fe, a súa confianza e simpatía, establecer esa nobre corrente de amizade que en materia de ensino dona a metade do camiño andado. E non pode haber amizade sen diálogo. E non pode existir diálogo entre quenes falan linguas diferentes... En virtude d’esa diferenza de linguaxe -oh, si, ambos nobres, gomisos e prenos de harmonía o escolante será para o seu discípulo, para ao neno animado por primeira vez dos brazos, de tenrura ¡é hasta da lingua! maternais, o escolante será mais que un alleo un estranxeiro que se expresará n’un idioma case incomprensible, cheo (para os oídos dos discípulos) de altisonancia e pedantería. Lembremos sempre, pedagóxica xa que non politicamente, que o discípulo é un neno de cinco a oito anos a quen a súa nai no berce ou no colo cantou, arrolou e agarimou en catalán, en vasco ou en galego; a quen a aboa contou lendas e contos en galego, vasco ou catalán; a quen o pai ensinou as labores do campo ou do taller, gabou ou rifou en calquera d’esas linguas que foron asemade vehículo dos seus xogos, das súas ledicias e das súas dores infantís. [...] A existencia, vitalidade e persistencia d’unha lingua e algo do que non cabe dubidar. ¡A que enganarnos! Nos fogares dos menos de Cataluña, como no dos pequenos campesiños de Galicia, aínda despois de tantos séculos de imposición, non se fala castelán e por tanto a lingua na que se pretende dar riqueza a un espírito e unha lingua artificial que sementes na igrexa e na escola, privadas así unha e outra do seu mellor xeito de acercamento, vedado para unha e outra o camiño que mais dereito leva ao corazón. Si unha absurda lenda de torpeza, de inferioridade vaise borrando; si o neno catalán ou o galego rematan por deprender catecismo e aritmética é evidente que deben ser moi listos.

stats